“A escritora Mercedes Queixas presenta dúas novas obras”, entrevista no programa Zig-zag

Esta foi a entrevista que me fixo Pilar García Rego para o programa da Televisión de Galicia Zig-zag, emitida o 25 de xaneiro.

“Boas novas son sempre os libros que veñen polo camiño e tamén os que chegan voando ata este plató. Ata aquí chegou Xandra, desde a serra do Courel, trae soños de liberdade e algún verso de Novoneyra prendido no pico. Xandra, a landra que quería voar é un dos últimos traballos de Mercedes Queixas.”

A entrevista, onde tamén falo da edición de O morto asasinado e outros contos, de María do Carme Kruckenberg, publicado por Galaxia, pode verse e escoitarse aquí.

Esta entrada foi publicada en Entrevistas, Infantil e xuvenil, Narrativa e etiquetada , , , , , , , . Garda a ligazón permanente.