Poema publicado en Manuel María. Libro colectivo de homenaxe no seu Día das Letras Galegas

Este é o poema co que colaborei no libro Manuel María. Libro colectivo de homenaxe no seu día das Letras galegas. 17 de maio de 2016, coordinado por José Estévez López e editado pola Deputación Provincial de Lugo.

Agora que é outono, meu amigo,
foxen os días
ladróns de afectos
esfarrapadas brétemas de muiñeiro
asexan a túa aperta
entre o Miño e o Cepelo
desde Outeiro de Rei até Xenebra
un pé en Ítaca
outro pé na Arcadia
e o corpo todo a ollar
cara adentro
a casa, matria, patria, fundamento.

Agora que é outono, meu amigo,
os soños da tribo abríronlle a gaiola
ao vento ceibe
para agardar unha nova alborada
no país que existe
no comezo da fin do mundo
semente de irmandades
en ti.

Esta entrada foi publicada en Creación propia e etiquetada , , . Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *